IDIOMA
COLABORA | ACCEDER
Solicitamos o seu permiso para obtener datos estatísticos de súa navegación nesta web, en cumprimiento do Real Decreto-lei 13/2012. "Ler más." Se continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies.
Aceptar Máis información
noticias
Posted by

O Museo Marea acolle a exposición “A saga do bacalhau”

O Museo Marea, en colaboración cos GALP Costa da Morte e GALP Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia: Costa Sostible,  comprácese en acoller a exposición A saga do bacallau deseñada polo Museu Marítimo de Ílhavo.  Este evento cultural enmárcase na Rede de Espazos con contido museístico (REMA), promovida polo proxecto de cooperación interterritorial e transnacional Morada Atlántica.

A peza estrela da exposición é un dori, embarcación tradicional dun só home na que os portugueses pescaron a liña “o pan dos mares” de Terranova  e Groenlandia. A mostra consta dunha selección de 22 fotografías  e dun documental obra do comandante e reporteiro australiano Alan Villiers,  que son froito da súa vivencia persoal dunha campaña bacallaeira a bordo da goleta Argus en 1950.

 

Datas de exposición: do 23 de setembro ao 15 de decembro de 2017