IDIOMA
COLABORA | ACCEDER
Solicitamos o seu permiso para obtener datos estatísticos de súa navegación nesta web, en cumprimiento do Real Decreto-lei 13/2012. "Ler más." Se continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK
museo foto
museoFoto

MUSEO

Un museo para a memoria

O Museo Marea está dedicado a recoller, investigar e transmitir a memoria das xentes do mar. A súa colección etnográfica achéganos ao ámbito profesional e ao doméstico. Vellos aparellos, fotografías antigas en B/N, relatos orais, un espazo expositivo coidado e diáfano e soportes de comunicación modernos (emisión en bucle de vídeos e dun documental de 1960 rodado en Porto do Son) falan das vivencias das mulleres e homes deste litoral.

O percorrido expositivo comeza na planta baixa dando a coñecer diversas artes de pesca, e dificultades da navegación de outrora co alto prezo dos naufraxios, particularmente numerosos no litoral da Ría de Muros-Noia (representados nun mapa), e lembrando a catástrofe do Prestige. Na planta superior móstranse útiles de marisqueo, de rederas, e obxectos e imaxes sobre a industria da salgadura de sardiña, as conservas do mar,.. O último espazo sitúanos nun ambiente íntimo mentres xentes do Son contan, en primeira persoa, as súas experiencias.

museoFoto
organiza

O teu punto de informacion turística

Neste mismo edificio, compartindo sede co museo, encóntrase o teu punto de información turística.
Ven e infórmate dos diferentes recursos turísticos que che ofrece Porto do Son.

Amigos do Marea

Dende o museo estamos a traballar para crear a asociación de amigos do Museo Marea. Estar interesado en formar parte dela, ponte en contacto connosco a través deste formulario.

Grazas polo teu interese.