IDIOMA
COLABORA | ACCEDER
Solicitamos o seu permiso para obtener datos estatísticos de súa navegación nesta web, en cumprimiento do Real Decreto-lei 13/2012. "Ler más." Se continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies.
Aceptar Máis información
noticias
Posted by

CENTENARIO DA SOCIEDAD HIJOS DE PUERTO DEL SON EN AVELLANEDA

En abril de 1918 fundouse a sociedade Hijos del Ayuntamiento de Puerto del Son en Avellaneda, un municipio bonaerense daquela en forte crecemento  grazas en grande medida ao aporte de ducias de miles de galegos. Tratouse dunha das primeiras manifestacións de asociacionismo microterritorial de xentes do Barbanza na área riopratense o que suxire que o éxodo de homes e mulleres de Porto do Son cara ese destino foi particularmente temperán ou, en todo caso, acadou maior intensidade que nos concellos veciños da devandita bisbarra, agás Noia. Desde o Museo Marea intentaremos despexar esa hipótese, estimar o fluxo desa cadea humana e analizar  derroteiros de emigrantes botando man dos fondos familiares e de testemuños orais de sonenses, que levamos tempo recuperando, e de outras fontes arquivísticas. Con estes materiais temos previsto organizar unha exposición no Museo Marea na primaveira do 2019 e publicar unha pequena monografía como homenaxe a dita sociedade e á súa curmá de Villa del Cerro (Montevideo), que estará de centenario o vindeiro ano. Ogallá contribuamos a fortalecer vínculos entre as “parroquias” de ambas as ribeiras do Atlántico coas amarras da memoria recuperada.